Nature calling to umplug

Deseñado para o descanso e a desconexión, o Hotel Zura ofrece un ambiente íntimo e natural en plena montaña. O noso concepto céntrase na reconexión coa natureza, eliminando as distraccións para que poidas facer parte do entorno máis puro. As amplas ventás integran O Courel en cada cuarto, transformando a paisaxe nun cadro vivo que acompaña a túa estancia. Respira silencio, conexión co bosque e beleza salvaxe. Aquí, o luxo é o espazo, o silencio e a luz filtrada polas follas. Descubre a arte de non facer nada mentres a natureza che fala directamente ao corazón.

Calidez e conforto

Descubrir a esencia da madeira nunha casa moderna; un vínculo invisible que une o teu conforto coa natureza que te rodea. Abrir espazos á luz que entra pola xanela.

Un Entorno vivo

Partipamos dun ecosistema. Somos xunto cos outros negocios de Seaone, unha rede de vida que mantén latente a esencia da nosa Vila. Convérteste en parte activa da súa historia e da súa xente.

Be of nature of O Courel

Seoane do Courel a antiga capital da Serra.

O Hotel Zura sitúase en Seoane do Courel, o verdadeiro punto de encontro onde converxen tódalas aldeas da zona. Aquí non só estás na natureza; estás no seu corazón. Somos o quilómetro cero para os amantes da serra, o lugar onde nacen as rutas máis emblemáticas que te levan a descubrir a maxestuosidade da Devesa da Rogueira, o misterio do Val das Mouras, a Mina Romana da Toca, o Monte Cido ou a Ferrería de Seoane. E para os máis valentes, a vertixe do Pico Formigueiros, o teito da nosa serra.

Poderás camiñar entre soutos milenarios, explorar covas ancestrais ou refrescarte nas augas puras do río Lor. A nosa ubicación mergúllate na historia viva a través da Ruta das Aldeas Paleozoicas, a proximidade á Fundación Uxío Novoneyra e a maxia da Casa do Apalpador.

Ademais, a nosa localización privilexiada en Seoane permíteche gozar da tranquilidade sen renunciar á comodidade: a un paso do hotel atoparás a gastronomía local nos seus bares e restaurantes, así como todos os servizos básicos necesarios (supermercado, farmacia e centro médico).

Contact us